A memoria de santiago

A memoria de santiago

BALDOMERO CORES TRASMONTE

A memoria de santiago es un libro escrito por BALDOMERO CORES TRASMONTE tiene un total de 152 páginas , identificado con ISBN 9788483025765 A memoria de santiago se publicó en el año 2000




Ficha Técnica

  • Título: A memoria de santiago
  • Autor: BALDOMERO CORES TRASMONTE
  • Publicación: 2000
  • Editorial: Xerais
  • Isbn: 9788483025765
  • Páginas: 152
  • Encuadernación: Tapa dura



Resumen

O conxunto das case duascentas postais circuladas que integran este álbum, pertencentes todas elas á colección particular de Carlos Díaz Martínez, corresponden aos anos 1900 a 1930 e permiten un achegamento introspectivo a realidade urbana de Compostela neses tempos: dende a reticulación urbana e o estado dos seus conxuntos monumentais ata detalles estéticos e particulares da vida social e cultural do momento. Nos anos do noso percorrido a vida social (ilustrada no traballo de Baldomero Cores Trasmonte, ?Minerva de Occidente?) da cidade xira, esencialmente, entorno a dúas realidades sociais contradictorias: relixión e cultura. As actividades sociais e de feito económico da relixión parten da realidade das pelerinaxes e Festas do Apóstolo (Catedral) ou da formación (fábrica) de curas, monxes e frades (seminarios e conventos). Noutro extremo o feito cultural (ilustrado polo traballo de Miguel Anxo Seixas Seoane, A capital do Santo Iago) organízase entorno aos aspectos formativos relacionados coas Facultades e Centros de Ensino. Mesmo se nos tempos do noso estudio a Universidade oficial non é un exemplo de evolución e progreso o feito da presencia de miles de estudiantes vai configurar gran parte da vida social e cultural. A maiores, a cidade, xa considerada como capital de Galicia, vai vivir grandes momentos creativos fundamentados entorno ao galeguismo nos aspecto culturais e políticos: dende a creación das Irmandades da Fala, o Partido Galeguista ou a Asemblea de Municipios ata o Seminario de Estudios Galegos, a Imprenta Nós ou a Biblioteca das Américas.A definición da cidade, a maiores do aspectos urbanísticos, relixiosos, culturais, políticos..., chama a capítulo ao máximo expoñente e autor da súa creación, o morteiro e animador (etimoloxicamente «dar alma, dar vida»), o traballador individual recoñecido no ser colectivo de pobo. Dende os fundamentos canteiros, ferreiros, carpinteiros... deron vida á materia: moldearon a pedra, os metais, a madeira.


Opiniones del libro "A memoria de santiago "


Escribe tu comentario

Calificación:

Debe completar el campo reCaptcha correctamente